Rosanegra e Cruz Martinez, da Galiza, enviam por e-mail
Chus Pato, Xabier Vila Coia, Mute, Novoa, Minux,
Vento Morteira, Ro Palomera, José Manuel Barbosa, Claudio
Rodríguez Fer, Artur Alonso, Mauro Trastoy, Barbaro Mahony,
Rebeca Baceiredo, Roi Ferreiro, Lois Gil Magariños, Umma Gumma,
Paulo Hortak, Adriana Pérez, Xiroca, JM Bouzas, Rafa Becerra,
Xosé Vilamoure, Virgílio Liquito, Rosendo Cid, Ad Hoc, Cruz
Martínez, Julio Fernández Peláez, Rosa Negra, Manolo Figueiras,
Alí Ben Teu Pai e Cosega. Foron os e as colaboradoras da
primeira etapa do blogo ULTRAGRÁFICO (http://ultragrafico.expoplane tarium.net)
que morreu en novembro do 2015. Agora pretende resucitar, non
sabemos se o conseguirá ou non pero hai que tentalo non vaia
ser…
Lembrade que está aberto a todo tipo de
colaboracións artísticas, literarias… Poemas, artigos (políticos
ou de decoración de interiores..), imaxes, audios, vídeos e a
todo tipo de idiomas, linguas, dialectos mais é un blogo galego
da Galiza por estar situados no sitio onde estamos sitiados.
O que si as colaboracións pasarán polo noso
aromático filtro de amor. Podédelas e debédelas enviar a: planetarium@expoplanetarium.ne t
Para ir resucitando e abrindo boca e soltar o mal
alento colocamos dúas colaboracións: Unha de Xoan Carlos
Rodríguez, PONTE HAIKU e
outra de Minux co título de ERRO DIARIO.
Xa sabedes agora toca colaborar (insistimos) e
expandir a idea de que máis alá está ultragráfico e máis acó
tamén o pode estar. Saúde e coidado coas arañas!
INÍCIO
Nenhum comentário:
Postar um comentário