Páginas

terça-feira, 29 de abril de 2014

MANIFESTAÇÃO DE 1º DE MAIO EM VIGO - GALIZA - - Cig Comarca de Vigo

 https://www.facebook.com/events/861726133840735/


Este 1 de maio celebramos como cada ano o Día Internacional da Clase Traballadora. Desta volta a Confederación Intersindical Galega convocamos manifestacións en todo o país, baixo o lema "Contra a explotación e a pobreza, fagámoslle fronte á Unión Europea", e co obxectivo de denunciarmos a grave situación social e laboral que padecemos a consecuencia tanto das políticas de dereita impostas polo Partido Popular desde a Xunta e Madrid, como dos recortes e as políticas que limitan o noso dereito a producir impostas pola Unión Europea. Ao tempo afirmamos con clareza a nosa aposta por unha mudanza radical, que é indispensábel para facermos realidade unha saída á vixente crise capitalista que sexa favorábel aos intereses da clase traballadora e do conxunto do pobo. Unha alternativa que desde a CIG acreditamos pasa pola organización, a loita e a conquista da plena soberanía nacional e popular para Galiza.

Para divulgar e promover esta convocatoria a CIG realizou un breve spot en vídeo, que che convidamos a partillar cos teus contactos e nas redes sociais: http://www.youtube.com/watch?v=Rt1HAOLF-Fg
Axuntamos tamén a esta mensaxe a voandeira que se editou.(...) leia mais em :

https://www.facebook.com/events/861726133840735/


Fotos da publicação de Cig Comarca de Vigo em... - Cig Comarca de Vigo

Nenhum comentário:

Postar um comentário