http://www.facebook.com/pages/Cantos-na-Mare/108650769202476?v=info
Website:http://www.cantosnamare.org
Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía, é unha aposta cultural singular: trazar a través da lingua, da música, dos ritmos e dos sons un mapa común entre os territorios da lusofonía. É unha iniciativa de aproximación de culturas e do fomento da diversidade, da interacción e da apertura de oportunidades á creación artística e ao intercambio.
En 2010 Cantos na Maré chega á súa oitava edición en Pontevedra, consolidado como o principal evento da lusofonía a nivel musical e cultural. Baixo a dirección artística de Uxía, por Cantos na Maré pasaron algúns dos músicos máis importantes de Brasil, Portugal, Angola, Guinea-Bissau, Mozambique, Cabo Verde, Timor Leste e Galiza. (ler menos)
Nenhum comentário:
Postar um comentário